|
Article in other languages:
|
O vexetarianismo e ó réxime alimentario que ten como principio a abstención de carne e peixe e que se basea no consumo de cereais, legumes, froitas e vexetais. A persoa que practica este tipo de dieta é coñecida como vexetariana. Dentro da práctica vexetariana hai distintos tipos e graos. As persoas que non admiten ningunha inxesta de produtos derivados dos animais (coma o ovo ou os lácteos) son denominadas vexetarianas estritas ou, en moitos casos, veganas. Aquelas que consomen ovos e leite coñécense como ovolactovexetarianas. Neste tipo de dieta acéptase a cocción dos alimentos e o consumo de produtos refinados (os máis comúns son o azucre e a fariña) ademais de pastas brancas, frituras e alimentos en conserva ou aqueles ós que se lles engadiron colorantes e/ou conservantes. Isto diferénciaa doutros tipos de dietas, coma a macrobiótica e naturista.
Tendencias vexetarianas
Posto de froita en Barcelona
Existen moitas variedades dentro da dieta vexetariana. A seguinte táboa resume as principais:
Dentro dos vexetarianos, existe quen admite a inxesta de peixe pero non a de carne, ou mesmo quen fai excepcións con alimentos moi concretos, coma o xamón no caso da Península Ibérica. Non obstante, estas dietas non son consideradas vexetarianas pola maioría, posto que incumpren a condición básica na que se asenta o vexetarianismo: permiten o consumo reducido de carne animal. Outras tendencias relacionadas
MotivaciónsOs motivos que os vexetarianos aducen para xustificar a súa dieta varían. Algúns abstéñense de inxerir carne por consideracións de saúde. Outros fano pola preocupación polo medio ambiente. Están tamén os que se opoñen ó consumo de produtos de orixe animal por razóns éticas, así coma aqueles que o fan sobre a base de motivos de índole relixiosa (por exemplo hindús ou budistas). ReferenciasLigazóns externasInformación, ActivismoAlimentación, Receitas
Questions for article: |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
IHS Europe: Infrared Heating Systems for Home and Business.